Asasinada a golpes en Xaén presuntamente polo seu marido, xa detido

O asasinato produciuse nunha vivenda da rúa Francisco Ayala García de Xaén. GOOGLE MAPS
A filla do matrimonio atopou o corpo sen vida da súa nai

Unha muller duns 70 anos foi asasinada este domingo en Xaén presuntamente polo seu marido, que foi detido pola Policía Nacional, segundo informaron a Efe fontes policiais.

Os feitos producíronse sobre as 12:00 horas nunha vivenda da rúa Francisco Ayala García da capital xienense, onde unha filla do matrimonio atopou á súa nai e alertou ao servizo de urxencias 112.

Segundo as fontes, as primeiras investigacións indican que a muller recibiu numerosos golpes cunha barra de ferro e que non existían denuncias por malos tratos contra a súa parella.

A parella atopábase en trámites de separación e ao parecer produciuse unha discusión por mor dun teléfono, segundo as fontes.

A Policía Nacional activou o protocolo por morte violenta, aínda que, ata que non avance a investigación, o caso polo momento non foi clasificado como violencia machista.