O actor Carlos Blanco ofrécese a actuar en residencias e hospitais
11 de abril de 2020 (16:01 h.)
O actor e humorista galego Carlos Blanco ofrécese a actuar durante os próximos meses en hospitais e residencias de toda a comunidade para agradecer o labor do persoal sanitario na loita contra o coronavirus.
Nunha publicación difundida a través das súas redes sociais, Carlos Blanco fai este ofrecemento e dá as grazas aos centros polo seu labor. Ante a situación xerada pola pandemia do coronavirus, afirma que “será un pracer agradecervos cun pouco de humor todo o que estades a facer por nós”.