O actor Carlos Blanco ofrécese a actuar en residencias e hospitais

El actor Carlos Blanco. EP
photo_camera Carlos Blanco. EP

O actor e humorista galego Carlos Blanco ofrécese a actuar durante os próximos meses en hospitais e residencias de toda a comunidade para agradecer o labor do persoal sanitario na loita contra o coronavirus.

Nunha publicación difundida a través das súas redes sociais, Carlos Blanco fai este ofrecemento e dá as grazas aos centros polo seu labor. Ante a situación xerada pola pandemia do coronavirus, afirma que “será un pracer agradecervos cun pouco de humor todo o que estades a facer por nós”. 

Comentarios