O xornalista de El Progreso Santiago Jaureguizar gaña o Premio Fernández del Riego

Santiago Jaureguizar. SEBAS SENANDE (AEP)

Ricardo F. Colmenero faise co Julio Camba por un artigo publicado en El Mundo

Polo artigo Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor, publicado o 31 de decembro do ano pasado no suplemento Táboa Redonda, de El Progreso e Diario de Pontevedra, o xornalista Santiago Jaureguizar fíxose co Premio Francisco Fernández del Riego para textos en lingua galega, que fallan anualmente Afundación e El Corte Inglés. 

O galardón para artigos en lingua española, o Julio Camba, recaeu en Ricardo F. Colmenero, por La comunidad, publicado o 1 de abril de 2017 en El Mundo. 

O xurado destes recoñecementos, composto por Alfredo Conde, Víctor Fernández Freixanes, Gervasio de Posadas e Carlos Valle, fallounos este martes á mañá en Pontevedra. Nesta edición, ao Fernández del Riego presentáronse 25 textos e ao Camba 114.

A entrega de galardóns terá lugar no último trimestre do ano no Café Moderno de Pontevedra.