domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Audasa ingresou 153,4 millóns de euros por peaxes en 2019 e elevou o beneficio case un 4%

LA AP-9 a su paso por Pontevedra.GONZALO GARCÍA
LA AP-9 a su paso por Pontevedra.GONZALO GARCÍA
A concesionaria da AP-9 encareceu as peaxes un 3,5% no pasado exercicio

Autoestradas do Atlántico, S.A. (Audasa), concesionaria da AP-9, incrementou o seu beneficio un 3,9% en 2019, ata 42,3 millóns de euros, atendendo aos datos facilitados pola compañía este mércores, data de presentación das súas contas á CNMV.

A compañía rexistrou uns ingresos de 153,4 millóns de euros por peaxes, o que supón un incremento do 6,4% con respecto a 2018. Cunha intensidade media diaria de 24.405 vehículos, superou nun 1,5% a de 2018 e nun 18,7% a media de todas as autoestradas estatais.

O tráfico na principal vía de comunicación de Galicia caeu máis dun 80% en abril coa pandemia

Elevou o importe das peaxes nun 3,51% con respecto a 2018 polos investimentos da ampliación en Santiago e a ponte de Rande, e ao asumir bonificacións nos tramos entre Vigo e Pontevedra. Segundo os seus números, Audasa destinou o ano pasado 10,8 millóns de euros a descontos e bonificacións aos seus clientes, un 11% máis.

En 2020, a compañía ten previsto dedicar a maior parte dos beneficios a preservar a súa liquidez, ante a drástica caída dos seus ingresos a partir do 14 de marzo por mor da pandemia do coronavirus, coa que a intensidade media diaria de vehículos caeu un 81% entre o 1 e o 19 de abril en comparación co mesmo período de 2019.

Audasa ingresou 153,4 millóns de euros por peaxes en 2019 e elevou...
Comentarios