jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

A central das Pontes é a máis contaminante de España e está no 'top' europeo

Central térmica de Endesa de As Pontes. MARTA MANCEBO
Central térmica de Endesa de As Pontes. MARTA MANCEBO

Unha lista presentada pola organización Transport & Environment sitúa a Ryanair como a empresa máis contaminante de Europa

A aerolínea irlandesa de baixo custo Ryanair foi a empresa da Unión Europea (UE) que máis CO2 emitiu en 2018 sen contar as plantas de carbón, segundo un estudo da organización ecoloxista Transport & Environment (T&E) a partir de datos da Axencia Europea do Medio (EMA).

A central térmica das Pontes, figura tamén neste ranking, no posto 17, coa emisión de 7,9 toneladas de megatones, nunha lista composta por centrais témicas e siderúrxicas, ademais da compañía irlandesa, que figura na novena posición. Ademais da das Pontes  tamén figuran na lista dos 30 máis contaminantes as centrais españolas de nbsp;Aboño&e Litoral, cunhas emisións de 7,1 e 6,3 megatones, respectivamente. 

A compañía con sede en Dublín, emitiu o pasado exercicio 9,9 megatones de dióxido de carbono (CO2), o que a converte na aerolínea máis contaminante de Europa e a única das dez empresas europeas que non se dedica á xeración de enerxía, a través da queima de carbón, que se coloca entre as dez que máis CO2 desprenderon en 2018, segundo os cálculos de T&E.

Só se sitúan por diante de Ryanair, que o pasado marzo transportou a 10,9 millóns de pasaxeiros en marzo, empresas carboeiras como a polaca Belchatow, que encabeza a clasificación con 38,2 megatones, outras sete empresas alemás do sector, como Neurath ou Niederaussem, e a búlgara Maritsa Iztok, todas elas por encima dos 10 megatones.

Ademais, as emisións de Ryanair aumentaron respecto das empresas comunitarias do seu sector.

Mentres que as aerolíneas europeas viron aumentar as súas descargas de CO2 un 4,9 % en 2018 e un 26,3 % nos últimos cinco anos, apunta o estudo de Transport & Environment, as de Ryanair disparáronse un 6,9 % o pasado ano e un 49 % no pasado lustro.

A central das Pontes é a máis contaminante de España e está no...
Comentarios