viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Endesa e Xunta comprométense a buscar alternativas para As Pontes

O conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, comprometeuse este venres ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a estudar "alternativas" para manter funcionando a central das Pontes cunha actividade polo menos "similar" á que rexistraba, senón pode ser "do cento por cento". Pero si –concretou– que permita "compensar" e "seguir xerando riqueza e emprego". 

Bogas ratificou este compromiso "absoluto" de Endesa en traballar para achar solucións que permitan que a central térmica siga activa en declaracións aos medios na sede administrativa de San Caetano. Tamén incidiu en que hai "dificultades", pero recalcou o "interese" da compañía e o compromiso de estudar "todas as alternativas posibles para levalo a cabo". 

O conselleiro delegado de Endesa estivo acompañado durante a súa comparecencia de Feijóo e do consellerio de Economía, Francisco Conde, con quen mantivo previamente un encontro cuxa duración superou as dúas horas e media. O presidente cualificou de "intensa" a reunión de traballo e destacou o "compromiso" adquirido pola empresa, ademais de garantir o apoio da Xunta na procura de solucións, xa que hai 750 empregos en xogo. 

Iso si, Feijóo volveu a apuntar ao Goberno central e advertiu que "ten que ser un aliado". "Non pode ser un problema para que a central das Pontes non funcione e abóquenos ao peche", advertiu, antes de recordar que, para que a térmica poida seguir, é preciso "buscar fórmulas" para que o prezo da tonelada de emisións de CO2 "non faga incompatible o funcionamento da compañía coa súa conta de resultados". 

Endesa e Xunta comprométense a buscar alternativas para As Pontes
Comentarios