Hotusa, a cadea do chantadino Amancio López Seijas, alcanzou os 3.030 establecementos asociados tras incorporar o ano pasado máis de 300, "consolidándose así como principal consorcio hostaleiro do mundo", segundo un comunicado.
O 85% das novas incorporacións son do estranxeiro e o resto son de España. Así, a súa presenza no mundo suma 71 países de Europa, Asia, África e América, e predominan os hoteis urbanos de catro estrelas con 90 habitacións.
No estranxeiro destaca a presenza en Francia (359), Italia (325), Estados Unidos (104), Alemaña (103), Colombia (85) e México (84), e a compañía ten "unha estratexia de crecemento focalizada na expansión internacional".