martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

Torra menospreza a chamada de Sánchez e esixe "bilateralidade"

Quim Torra. ANDREU DALMAU (Efe)
Quim Torra. ANDREU DALMAU (Efe)
Denomina xesto "baleiro e estéril" o achegamento do presidente e esixe unha "proposta democrática" para dar saída á autodeterminación e o "fin da represión"
 

O presidente catalán, Quim Torra, considera que unha chamada do xefe do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, no marco dunha rolda de contactos con presidentes autonómicos, non soluciona o conflito catalán, que pide encarar con "valentía" e non con xestos "baleiros e estériles".

Logo da rolda de consultas e de recibir o encargo do rei Felipe VI para formar goberno, Sánchez anunciou onte mércores que chamaría a todos os presidentes autonómicos, incluído Quim Torra, quen nas últimas semanas o chamou diversas veces sen éxito.

Fontes da contorna do presidente catalán remarcaron a Efe este xoves que nada se vai solucionar cunha chamada de Sánchez no marco dunha rolda de presidentes autonómicos, xa que o problema non radica na chamada.

Neste sentido, apuntan que o que debe haber é "respecto institucional" e "bilateralidade" entre Cataluña e o Estado, e un "recoñecemento dos suxeitos políticos".

Tamén unha "proposta democrática" para dar saída á autodeterminación e a "fin da represión".

As mesmas fontes salientan que todo o mundo debe estar "á altura do momento político e encarar o conflito con valentía e coraxe, e non con xestos baleiros e estériles".

Torra menospreza a chamada de Sánchez e esixe "bilateralidade"
Comentarios