viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Absolven a Lito, o 'rei das orquestras', no seu segundo xuízo por fraude fiscal

Ángel Mártinez, Lito,ante o xuíz en decembro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Ángel Mártinez, Lito,ante o xuíz en decembro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O xuíz anulou os rexistros practicados pola Axencia Tributaria

O maior empresario de espectáculos de orquestras de Galicia, Ángel Martínez Pérez —máis coñecido como Lito—, foi absolto, xunto con outras dúas persoas acusadas —Manuel Álvaro V.M. e Miguel Ángel G.S—, de dous delitos contra a Facenda Pública ao quedar anulados os rexistros practicados por funcionarios da Axencia Tributaria.

A sentenza sinala que durante os cinco días nos que estaban autorizada a Administración pública a entrar e rexistrar os dous domicilios das sete persoas xurídicas, entre eles a sede de Espectáculos Lito en Caldas de Reis, os funcionarios "deberon ser máis cautos á hora de identificar, clasificar, recoller e discriminar a documentación a intervir". 

"Ou non adoptaron, ou polo menos non consta na causa, que adoptasen ningún tipo de medidas que permita decidir se os arquivos informáticos, a contabilidade analítica, as follas de cálculo, os rexistros de caixa extracontable, as bases de datos das festas, as follas de excel con información adicional, a documentación administrativa recollida en faxes enviados e recibidos e en documentos escaneados ...) son os mesmos que se utilizaron para elaborar o chamado informe de delito", apunta o fallo do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, con data do 21 de febreiro de 2018. 

A Fiscalía pedía para os acusados dous anos e tres meses de prisión por cada un dos delitos tributarios dos anos 2011 e 2012 da Orquestra Filadelfia e unha multa de 590.000 euros

É máis, a sentenza apunta que "non consta como se recolleron nin como se conservaron para garantir a súa integridade e evitar calquera tipo de alteración ou manipulación". A maiores, engade que "deberon detectar que parte da (documentación) que recollían non pertencía ás entidades investigadas, senón a tres persoas físicas". 

Concretamente, o rexistro estaba limitado a unha serie de sociedades: Representacións Lito SL, Producións Artísticas Lito SL, Soner Son e Iluminación, Escenarent, Esmuli, Centro Deportivo A Condesa. 

DELITOS E XUÍZO. A Fiscalía pedía, para cada un dos acusados, dous anos e tres meses de prisión por cada un dos delitos tributarios dos anos 2011 e 2012 da Orquestra Filadelfia e unha multa de 280.000 e 310.000 euros polos delitos tributarios dos anos 2011 e 2012 respectivamente, o que fai un total de 590.000 euros. 

En concepto de responsabilidade civil, solicitaba que os acusados de forma conxunta e solidaria deberían abonar á Facenda Pública estatal a cantidade de 284.314,50 euros, máis os intereses legais. 

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 12 anos de prisión de cárcere a Lito por seis delitos fiscais entre 2011 e 2012

O xuízo tivo lugar entre o 19 e o 21 de decembro de 2017 e durante a súa celebración pasaron varias testemuñas, que nas súas declaracións, segundo figura na sentenza, indicaron na súa maioría que cobraban en efectivo, nalgunhas ocasións acompañado de nómina e na propia sede de Representacións Lito en Caldas. 

INVESTIGACIÓNS ABERTAS. Da documentación obtida nos rexistros autorizados polo Xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra nun auto do 25 de novembro de 2013, hai máis investigacións abertas, segundo confirmaron fontes xurídicas. 

De feito, o avogado de Ángel Martínez Pérez, Lito, Carlos Seoane, augurou que espera un "posible efecto dominou nos demais procesos penais abertos" contra o seu cliente. 

Así mesmo, advertiu de que esta sentenza pode ter efecto nunha gran cantidade de procedementos administrativos abertos, máis dun "centenar", contra axentes, representantes, orquestras e outras persoas das que se obtiveron documentación nese rexistro e que agora "non van poder usar na súa contra". 

Dáse a circunstancia da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 12 anos de prisión de cárcere a Lito por seis delitos fiscais entre 2011 e 2012. Este proceso aínda non é firme e está en prazo para presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo. 

Absolven a Lito, o 'rei das orquestras', no seu segundo xuízo por...
Comentarios