Achan en Celeiro un cabaliño de mar dunha especie nunca antes vista na Mariña

Trátase dun hippocampus guttulatus, que adoita habitar en augas máis limpas

Os mergulladores do equipo da escola MergulloViveiro Eduardo Losada e Abraham Alvo realizaron un curioso achado nas proximidades do porto de Celeiro. Trátase dun exemplar de cabaliño de mar da especie Hippocampus guttulatus, nunca antes vista na zona.

"É a primeira vez que se avista un [desta especie] na Mariña", explica o xerente do centro de mergullo Iván Barros, que indica que os hippocampus guttulatus adoitan habitar en zonas menos afectadas pola contaminación. "É mais común velos en augas máis limpas e entre as algas", apunta.

Comentarios