lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Activan a búsqueda do tripulante dunha embarcación que apareceu á deriva en Cabío

O barco tiña cebo vivo no seu interior e os propietarios aseguran que non o usaron, polo que se investiga un posible roubo

O achado dunha embarcación á deriva preto da praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), obrigou a activar na mañá deste xoves un amplo operativo de procura marítimo e aéreo para localizar ao tripulante do barco, no que se atopou cebo vivo e cuxos propietarios aseguran que non o utilizaron.

No dispositivo participaron pola mañá distintos efectivos e medios de Savamento Marítimo, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local. Fontes de Protección Civil ratificaron que continuarán coa procura pola tarde, aínda que até o momento non se atopou "nada", nin no mar nin tampouco na zona das rocas.

Fontes de Salvamento Marítimo informaron de que a alerta se deu sobre as 8.10 horas deste xoves, cando outra embarcación localizou este barco á deriva. Tiña dentro cebo vivo e estaba preto da praia, pero non había ninguén a bordo.

As forzas de seguridade localizaron aos seus propietarios e, segundo as fontes consultadas por Europa Press, aseguraron que non o utilizaron.

ROUBO. Nesta conxuntura, investígase se alguén podería ter roubado a embarcación.

Con todo, o feito de que dentro houbese cebo vivo suxire que o tripulante podería caer ao mar, aínda que tamén se contempla a posibilidade de que puidese fuxir e lograr "porse a salvo polos seus propios medios".

Activan a búsqueda do tripulante dunha embarcación que apareceu á...
Comentarios