Lunes. 18.06.2018 |
El tiempo
Lunes. 18.06.2018
El tiempo

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras inicia un encerro no consistorio

Encerro iniciado na casa consistorial de Vilamartín de Valdeorras. EP
Encerro iniciado na casa consistorial de Vilamartín de Valdeorras. EP

Esixe o arranxo dunha estrada que está cortada "desde fai más de 25 anos"

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez (PSOE), iniciou este mércores un encerre na casa consistorial para esixir á Deputación provincial que arranxe a estrada OU-0807, pechada desde hai máis de 25 anos pero pola que seguen circulando uns 140 veciños "pondo en risco as súas vidas". 

O rexedor alertou de que máis de 140 persoas usan esta vía "a pesar de estar cortada" e mostrouse "moi preocupado" porque os últimos temporais de choiva empeoraron o estado da calzada, "aumentado as gretas e hai perigos de desprazamentos do terreo". 

Así o sinalou minutos despois de iniciar un peche na sede consistorial, acompañado polo portavoz do PSOE na Deputación provincial, Francisco Fraga; o alcalde de Petín, Miguel Bautista; o presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, e polo alcalde da Rúa, Luís Álvarez, entre outros. 

Álvarez explicou que "desde hai máis de 25 anos" a vía (dun nove quilómetros) está cortada debido á presenza de grandes gretas nos seus últimos 700 metros, preto da localidade de San Vicente de Leira. 

O proxecto de reforma elaborado pola Deputación determinou que son precisos 13 millóns de euros para devolver a estabilidade á vía, pero o alcalde apuntou que "pasan os anos e a institución non fixo absolutamente nada". Por este motivo, os 40 veciños do pobo e máis dun centenar de traballadores dunha empresa de lousa seguen transitando por esta vía.

Por parte do Concello confírmase que a única alternativa é unha estrada "máis longa" e cunha pendente moi marcada que provoca que circular por ela sexa "moi perigoso no inverno", explicou o alcalde.

NOVAS GRETAS. A aparición de novas gretas debido ás choivas e a posibilidade de desprendementos de lousa ou de paredes sobre a estrada levou ao alcalde a esixir unha "solución definitiva" para un problema que pasou de José Luís Baltar ao seu fillo e sucesor no cargo, Manuel Baltar. 

O edil confirmou que manterá o peche ata que "se poña unha solución seria encima da mesa". Ademais, o alcalde de Vilamartín de Valdeorras rexeitou que por parte da Deputación déronse pasos para solucionar esta cuestión nos últimos anos, xa que "só existe un proxecto, que está pendente dos informes sectoriais", pero cuxo trazado xa foi rexeitado pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS), apuntou. 

Álvarez pediu ao presidente da Deputación de Ourense que se desprace a Vilamartín "vexa a realidade e despois diga o que teña que dicir", pero cominoulle a chegar á localidade con "explicacións" para os veciños xa que "o Concello non está disposto a cargar coas culpas" desta obra parada desde hai máis de 25 anos. 

O portavoz do PSOE na Deputación Provincial, Francisco Fraga Civeira, cualificou esta situación como "insustentable e vergoñosa" e confirmou que "dá medo circular por esta estrada". 

"Estamos a falar do principal punto de acceso para máis dun centenar de persoas que pon en risco as súas vidas para facer algo tan cotián como chegar ás súas casas", abundou. 

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras inicia un encerro no consistorio