lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

Alexandra Fernández, aos seus compañeiros no Congreso: "Ao final golpéaste contra a verdade"

La diputada Alexandra Fernández. AEP
La diputada Alexandra Fernández. AEP

A deputada, próxima a Villares, defende o seu 'non' aos orzamentos, que si apoiaron os demais representantes de En Marea

A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández defendeu este mércores de novo o seu voto en contra dos orzamentos do Goberno central despois de que a ministra de Facenda, María Jesús Montero, dixese que a axenda galega xa estaba incluída na proposta de contas.

No pleno do Congreso e a unha pregunta de Antón Gómez-Reino, de En Marea, a ministra recordou que as cuestións da "axenda galega de cambio" foron pactadas entre o Goberno e Unidos Podemos e estaban recollidas no proxecto de orzamentos, que foi rexeitado pola "coalición da dereita e os grupos independentistas".

No entanto, Montero subliñou "o compromiso" do Goberno coa axenda galega do cambio, compromiso que, dixo, seguirá vixente se tras as eleccións o PSOE goberna.

Para Fernández estas declaracións acreditan a falta de compromiso do Executivo coas demandas de Galicia, polo que a dirección de En Marea decidiu votar en contra de continuar a tramitación das contas aínda que catro dos seus deputados votaron con Unidos-Podemos a favor de seguir co orzamento.

"A ministra responde que a axenda galega do cambio estaba incluída nos orzamentos que votamos -os do recorte do 20%-. Isto é o que pasa cando segues, veña e dálle, intentando enganar á xente: que ao final golpéaste contra a verdade. Deixádeo estar, por favor", remarca a deputada na rede social Twitter.

Tras iso, sostén que o voto dos seus compañeiros "foi inxustificable" e por iso, subliña "de feito En Marea votamos NON", a pesar de que só ela votou conforme á directriz do partido.

Segundo a súa versión escrita na citada plataforma social "catro deputados colocándose á marxe de En Marea aliñados con Podemos votaron SÍ" polo que "a pregunta logo desta intervención é por que?".

Alexandra Fernández aínda non se pronunciou sobre a súa intención de concorrer ou non ás primarias de En Marea para ser a cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, aínda que o líder da formación Luís Villares confirmou que a el lle gustaría que así fose.

Alexandra Fernández, aos seus compañeiros no Congreso: "Ao final...
Comentarios