viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Arde en Sandiás unha nave avícola preparada para acoller 35.000 pitos

Incendio na nave de Sandiás. RTVE
Incendio na nave de Sandiás. RTVE
Investíganse as causas do lume

Un incendio calcinou este mércores unha nave industrial situada no termo municipal de Sandiás, en Ourense, provocando unha intensa fumareda. 

Tratábase dunha granxa avícola preparada para acoller 35.000 pitos, aínda que no momento do lume non se atopaba activa e non houbo que lamentar a morte de ningún animal.

Un particular alertou do suceso sobre as 14.00 horas aos servizos de emerxencia, nun inmoble situado preto da OU-531.

O 112 Galicia informou a Policía Local, Urxencias Sanitarias, Garda Civil e Bombeiros de Xinzo, que traballaron no punto para evitar a propagación das chamas. 

Horas despois, os equipos de extinción deron por finalizadas as tarefas. A nave ardeu por completo e parte do teito acabou derrubándose por mor dos danos

Arde en Sandiás unha nave avícola preparada para acoller 35.000 pitos