domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Arquivada sen culpables a causa polo incendio que se cobrou dúas vidas en Chandebrito

Zona arrasada por el fuego en Nigrán. AEP
Zona arrasada por el fuego en Nigrán. AEP

O xulgado tamén arquiva a do lume de Morgadáns, en Gondomar, e outro de Baiona

O xulgado de Instrución 8 de Vigo arquivou as tres causas que abrira en relación cos incendios forestais que arrasaron Galicia en outubro de 2017, informaron este martes a Efe fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Agora ben, nun dos casos, a investigación do incendio na parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas mulleres, o arquivo é técnico, isto é, evítase que corran os prazos de prescrición dos delitos, xa que o xuíz está á espera dunhas probas periciais, precisaron. Unha vez que os reciba, o xuíz podería reabrir a causa ou arquivala definitivamente.

As outras dúas causas que arquivou están relacionadas cun incendio na parroquia de Morgadáns, en Gondomar, no que dous irmáns foron detidos e declararon nun xulgado, e con outro en Baiona. 

Arquivada sen culpables a causa polo incendio que se cobrou dúas...
Comentarios