lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Un atropelo múltiple en Vigo deixa oito feridos, dous deles menores

O condutor entrou na Avenida Frogoso en dirección contraria e encaixouse contra un sinal

Un total de oito persoas resultaron feridas este mércores tras ser atropeladas na Avenida Fragoso de Vigo. Entre eles hai dous menores, tres homes e tres mulleres.

Segundo informa TVG, o condutor entrou na vía en dirección prohibida e acabou impactando contra un sinal.

Ata o lugar desprazouse un amplo dispositivo de urxencias que atendeu as vítimas, que posteriormente foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, a Fátima e a Povisa.

Un atropelo múltiple en Vigo deixa oito feridos, dous deles menores
Comentarios