sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

A autopsia revela que a muller asasinada na Pastoriza foi apuñalada

Exterior da vivenda, coñecida como Casa de Paredes. C.ARIAS
Exterior da vivenda, coñecida como Casa de Paredes. C.ARIAS
Os primeiros indicios apuntaban a un golpe na cabeza como causa da morte

O informe da autopsia ao corpo da muller asasinada en Crecente (A Pastoriza) polo seu marido, que despois se suicidou, revela que presentaba varios cortes efectuados cun coitelo, un dos cales lle causou a morte. Segundo o informe forense, no corpo da vítima mortal, Manuela Iglesia, había varios impactos dun instrumento cortante, entre o tronco e e o pescozo, así como nas mans. A coitelada mortal foi, segundo a autopsia, unha que lle impactou nun costado.

O primeiro informe da inspección ocular efectuado pola Garda Civil indicaba que a morte fora, supostamente, por un golpe na cabeza. De feito, a muller tiña marcas de violencia na cara, pero a gran cantidade de sangue que había na estancia ocultaba o resto de lesións, que finalmente se constataron na autopsia.

Na cociña tamén había sangue do home, Hortensio Ónega, que se intentou quitarse a vida primeiro cortándose as veas (no escenario do crime apareceron catro coitelos ensanguentados) e que logo, a pesar dos seus problemas de mobilidade e os seus problemas de saúde, logrou subir ao piso superior e tirarse pola fiestra.

A autopsia revela que a muller asasinada na Pastoriza foi apuñalada