miércoles. 24.02.2021 |
El tiempo
miércoles. 24.02.2021
El tiempo

Auxilian a un cargueiro holandés con problemas que navega cara a Marín

IMG_40920181219_hundimiento
Unha embarcación de Salvamento Marítimo. ARQUIVO
O buque partiu da Coruña e sufriu problemas coa bomba de combustible

fectivos de Salvamento Marítimo auxiliaron este luns a un cargueiro de bandeira holandesa que sufriu problemas coa bomba de combustible á súa saída do porto da Coruña.

Segundo informou Salvamento Marítimo, o buque Karl Jakob K, con oito tripulantes a bordo, deu o sinal de alarma ao redor das 15,15 horas deste luns, ao detectar problemas na bomba de combustible e tras fondear cinco grilletes.

No seu auxilio acudiron o buque María Pita de Salvamento, a embarcación Sertosa Veitiocho e prácticos. Logo dos arranxos seguiu co seu rumbo ao porto de Marín.

Auxilian a un cargueiro holandés con problemas que navega cara a Marín
Comentarios