Benedicta Sánchez abre a Festa do Queixo de Arzúa mirando ao campo
29 de febrero de 2020 (19:16 h.)
A actriz lucense inaugurou o Paso de Vaca da localidade, o quinto permanente que hai en Galicia
Arzúa celebra esta fin de semana por todo o alto a súa Festa do Queixo, a número 45, que abriu este sábado a actriz lucense Benedicta Sánchez cun pregón no que quixo agradecer —"moitísimo"— a confianza e lamentou o progresivo abandono do campo.
O obxectivo da iniciativa é poñer en valor o rural galego, do que tamén falou Benedicta Sánchez no seu pregón. "Dóeme ver que o campo vai quedando abandonado e baleiro", dixo.
O menú musical póñeno, entre outros, Tequila, Novedades Carminha, Baiuca, Ladilla Rusa, Luar na Lubre, MJ Pérez e El Capitán Elefante, grupo gañador do concurso Queixo Maquetón.