viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Buscan un can que atacou unha muller en Carral

Un can da raza american bully. WIKIPEDIA
Un can da raza american bully. WIKIPEDIA

A vítima permanece hospitalizada debido ás lesións que sufriu na cara e no pescozo

A muller á que este luns pola tarde atacou o can do seu afillado en Carral permanece hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), debido ás lesións que sufriu na cara e no pescozo. Os axentes do posto da Garda Civil de Carral iniciaron a procura do animal, un American bully —un cruzamento de distintas razas— pola localidade coruñesa, debido a que o can está desaparecido desde que se produciu o ataque. 

Segundo explicaron fontes da Garda Civil, a muller tentara parar unha pelexa que se iniciou entre dous cans que tiña na leira da súa casa, que tamén son propiedade do seu afillado e, nese momento, foi atacada polo animal.  Cando os axentes, que recibiron o aviso por parte do servizo de emerxencias do 112 Galicia, chegaron á vivenda o can estaba atado nun poste. Ao solicitar a súa documentación, o dono, o afillado da muller atacada, mostroulles tan só un cartón portugués. Ademais, os axentes constataron que o can carecía de microchip e que as últimas vacinas reguladas eran do ano 2013. 

Tampouco os outros cans que se atopaban na leira están en regra, de modo que a Garda Civil denunciou o seu propietario en ambos casos, nun por carecer de microchip e no outro por non contar coas vacinas regulamentarias. 

Pese ao ataque sufrido, a muller non quixo presentar denuncia, ao tratarse do can do seu afillado, de modo que a Garda Civil tramitou a denuncia por vía civil debido a que o can no está regularizado en España e carecía da documentación pertinente. En canto ao animal, cando os axentes regresaron o mércores á vivenda para verificar a documentación e a cartilla de vacinas, o seu propietario indicoulles que desaparecera. 

Un veciño informou que o viu nunha cuneta nunha estrada próxima e que podería ter sido atropelado, pero os axentes non o localizaron e non puideron confirmar este extremo. O American bully é un tipo de can que non está incluído no catálogo de razas perigosas, aínda que se trata dun cruzamento entre varias delas. 

Buscan un can que atacou unha muller en Carral
Comentarios