martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Buscan un coitelo para esclarecer a morte dunha veciña de Lugo

Exterior del edificio de As Gándaras en el que se ha encontrado el cuerpo de la mujer EP
Exterior do edificio das Gándaras no que se atopou o corpo da muller. VICTORIA RODRÍGUEZ
A Policía Nacional trata, ademais, de localizar a dúas testemuñas en relación á muller, localizada onte á noite sen vida con signos de violencia ► Non se descarta ninguna hipótese, como que poida tratarse dun suicidio

PortaLocalizar un coitelo e a dúas presuntas testemuñas cuxa declaración podería ser clave. Ao parecer, estes serían os obxectivos nos que se está a centrar a Policía Nacional para intentar esclarecer a morte da muller de mediana idade que era localizada na noite do venres sen vida e con signos de violencia na súa vivenda da Rúa Ferradura de Lugo

O caso está baixo segredo de sumario e está sendo levado polo xulgado de instrución número dous de Lugo

Os investigadores traballan con todas as hipóteses salvo a do roubo, xa que a porta da vivenda non estaba forzada. Non descartan ningunha posibilidade, como que poida tratarse dunha agresión ou dun suicidio.

A Policía recibiu o aviso ao redor das dez da noite do venres por parte da nai da vítima. O caso está baixo segredo de sumario e está sendo levado polo xulgado de instrución número dous de Lugo.

Axentes do citado corpo xa tomaron declaración a veciños, familiares e achegados da vítima para avanzar nas pescudas.

Buscan un coitelo para esclarecer a morte dunha veciña de Lugo