A Garda Civil e Protección Civil buscan unha muller de 91 anos que desapareceu este sábado en Betanzos, atendendo á información divulgada pola plataforma SOS Desaparecidos. O seu nome é María Concepción Carro.
🆘 DESAPARECIDA#Desaparecidos #sosdesaparecidos #Missing #España #Betanzos #ACoruña pic.twitter.com/8rPfEDrg5F
— 𝐀𝐋𝐄𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐀𝐏𝐀𝐑𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 (@sosdesaparecido) March 22, 2020
Fontes de SOS Desaparecidos confirmaron que solicitaron á Garda Civil a utilización de cans na procura.
A plataforma subliña a través das redes sociais que "calquera información pode axudar a localizala" e pide que se alguén coñece o mínimo dato se poña en contacto coa entidade a través do correo [email protected] ou nos números de teléfono 642 650 775 ou 649 952 957.