sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

Caballero chama aos electores a decidir "o país que queren e o que non queren"

Gonzalo Caballero, en Lugo. XESÚS PONTE
Gonzalo Caballero, en Lugo. XESÚS PONTE

O secretario xeral do PSdeG aludiu ao "sentido da responsabilidade"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento a acudir a votar de forma masiva nesta "xornada histórica" para que os cidadáns decidan "o país que queren" e tamén o que "non queren" para o próximos catro anos.

Tras depositar o seu voto no colexio electoral instalado no Concello de Vigo, Caballero recalcou que os cidadáns españois teñen "un sentido de responsabilidade de acudir a votar", e recalcou que ese dereito téñeno que exercer "todos os homes e mulleres, de todas as idades, de todos os municipios".

E débeno facer, abundou para "contribuír co que eles crean que sexa mellor para o país que queren para o futuro e para o país que non queren ter no futuro".

O líder dos socialistas galegos insistiu na idea de que este é "un día clave para o país, para a cidadanía, unha festa da democracia na que hai que acertar no futuro que imos ter o próximos catro anos".

Caballero valorou que a xornada estea a discorrer "con total normalidade", sinónimo de que a española é "unha democracia avanzada, onde o dereito ao voto é unha posibilidade para todos os cidadáns e tamén un deber cívico". Por isto, pediu unha vez máis "que toda a cidadanía vote en liberdade e en conciencia".

Caballero chama aos electores a decidir "o país que queren e o que...
Comentarios