Miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo
Miércoles. 20.06.2018
El tiempo

Caballero: "É un mal momento para o debate da prisión permanente revisable"

Abel Caballero. AEP
Abel Caballero. AEP

O alcalde de Vigo aposta "por deixar pasar un pouquiño de tempo" ante a proximidade do asasinato de Gabriel Cruz e todos os sentimentos que a noticia xerou na sociedade

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, considerou este mércores que este é un "mal momento" para o debate da prisión permanente revisable dado os "gravísimos feitos" na proximidade e a "pesadumbre dun país", en referencia ao asasinato de Gabriel Cruz.

Nun almorzo informativo, organizado por Nova Economía Fórum, o tamén alcalde de Vigo apostou "por deixar pasar un pouquiño de tempo e facer o debate noutro momento" porque "hai moitos sentimentos que compartimos todos, os que din unha cousa á prisión permanente e os que din outra".

"Todos compartimos eses sentimentos" dixo Caballero, calquera que sexa a posición política ante a prisión permanente.

Caballero engadiu que "algunhas decisións e algúns debates teñen que ser no momento que corresponda e este é un mal momento".

Caballero: "É un mal momento para o debate da prisión permanente...