Cada galego gastará 68,8 euros de media en lotería de Nadal

A comunidade venderá 185,8 millóns de euros en boletos 
Lotería de Nadal. EFE
photo_camera Lotería de Nadal. EFE

Cada galego gastará 68,80 euros de media en comprar décimos para o Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal, que se celebrará o próximo 22 de decembro. Unha cifra case idéntica á media española, 68,48 euros, que supón 0,92 euros máis que en 2018, segundo a cifra de consignación por habitante da Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (SELAE). 

Esta cantidade é estimativa xa que o dato será definitivo cando se reciban as devolucións de boletos non vendidos durante a campaña deste tradicional sorteo que se presentou este xoves 14 de novembro en Museo da Real Casa da Moeda. O ano anterior, a consignación por habitante previa foi de 67,56 euros de media. 

Deste xeito, os máis de 68 euros de gasto por persoa corresponden ás estimacións de venda que fai SELAE á hora de enviar os boletos ás administracións de lotería, aínda que máis tarde sempre hai unha proporción de décimos que quedan sen vender.