jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Casado pídelle a Feijóo que se presente ás eleccións da Xunta

Casado e Feijóo, acompañados por cargos do partido, na carpa ao final do acto político celebrado este sábado en Cerdedo-Cotobade. LAVANDEIRA JR (EFE)
Casado e Feijóo, acompañados por cargos do partido, na carpa ao final do acto político celebrado este sábado en Cerdedo-Cotobade. LAVANDEIRA JR (EFE)
O líder nacional do Partido Popular sinalou ao presidente galego como "un exemplo"

O presidente do PP, Pablo Casado, pediulle este sábado a Alberto Núñez Feijóo, líder do partido en Galicia e presidente da Xunta, que se volva a presentar ás eleccións autonómicas do próximo ano.

No acto de inicio de curso político do PP de Galicia na carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, ante unhas 500 persoas, Casado dirixiuse a Feijóo e díxolle: "Necesitámosche, cando decidas, con quen decidas...".

Pero acto seguido indicoulle que Galicia séguelle necesitando" cando se convoquen as eleccións autonómicas.

Casado reiterou o dito en anteriores ocasións, que Feijóo é "un exemplo" para o PP, e valorou que con el na Xunta "as cousas fanse ben", como "cadrar orzamentos, pagar débedas" e non pretender "ser máis que ninguén", nin pedir "mellor trato" que a outras comunidades autónomas.

Casado afirma que iría a este acto "aínda que tivese que peregrinar" polo Camiño de Santiago

Casado contrapuxo que Pedro Sánchez "non veu" por Galicia, mentres que el faio practicamente "unha vez ao mes", e engadiu que ao acto deste sábado de Cerdedo-Cotobade iría "aínda que tivese que peregrinar" polo Camiño de Santiago. 

ELECCIóNS NACIONAIS. "Por fin recoñeceu que hai un risco certo de eleccións. Recoñece o que quere, pero o risco certo para España é Pedro Sánchez e por iso quere eleccións, para acabar de rematar a xogada e poder gobernar en funcións sen facer absolutamente nada do que se lle pide a un presidente do Goberno", afirmou Casado.

"Nós non temos capacidade de formar Goberno, non ma encargou a súa maxestade o Rei. Nin sequera a nosa abstención sería suficiente para desbloquear a gobernabilidade de España porque faría falta tamén a de Cidadáns, pero é que ademais non o a queren. Queren derrogar todo o feito polo PP, un goberno de esquerdas, outra forma de interlocución cos nacionalistas e pactan con Bildu", subliñou. 

Segundo o líder do PP, se Sánchez non propuxo unha gran coalición e un pacto de investidura é porque "quere seguir pagando as campañas electorais do PSOE" cos impostos dos españois. "O PP ten que estar máis forte que nunca para que isto non suceda", apuntou.

Casado pídelle a Feijóo que se presente ás eleccións da Xunta
Comentarios