Os casos activos en Galicia dispáranse ata os 1.995 tras sumar 212 máis 

Hai seis persoas en Uci e 67 en planta nos hospitais galegos
Persoas con mascarilla nunha rúa de Santiago. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Persoas con mascarilla nunha rúa de Santiago. PEPE FERRÍN (AGN)

O número de casos activos de Covid-19 en Galicia volveuse a disparar este venres ata os 1.995 tras aumentar noutros 212, cun brote de máis de 60 positivos nunha residencia no municipio do Incio. Esta xornada aumentan os contagios en todas as áreas, en especial na de Lugo con 84 máis, e do total, 1.114 corresponden á da Coruña. 

Así se reflicte dos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, seis permanecen en UCI --igual que este xoves--, 67 atópanse en unidades de hospitalización convencional --tres máis--, e 1.922 en seguimento domiciliario --209 máis respecto da xornada anterior--. 

Dos 1.995 casos activos, 1.114 corresponden á área da Coruña e Cee --69 máis que este xoves--; 254 á de Lugo --84 máis--; 144 á de Vigo --tres máis--, 85 á de Pontevedra e O Salnés --cinco máis--; 179 á de Ourense --22 máis--; 130 á de Santiago --17 máis-- e 89 á de Ferrol --12 máis--. 

Ademais, Sanidade apuntou que, até o momento, curáronse en Galicia 11.737 persoas, 36 máis que a xornada pasada, e faleceron 628 pacientes con COVID --deles 133 en residencias--. 

As últimas vítimas, notificadas este venres, son dous homes da área sanitaria de Lugo de 93 e 77 anos con patoloxías previas, un deles residente no centro do Incio cun brote con máis de 60 casos. 

Dos 1.995 casos activos na comunidade galega, 84 están vinculados a centros residenciais, en relación a 68 usuarios --57 deles dun mesmo centro no Incio-- e 16 traballadores --oito da mesma residencia--. 

O número de PCR realizadas até a data na Comunidade galega ascende a 294.691 fronte ás 290.491 contabilizadas até este xoves, segundo os datos de Sanidade. 

Comentarios