viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Catro intoxicados, tres deles menores, ao inhalar gas na súa casa de Noia

Oficinas do 112 en Santiago
Oficinas do 112 en Santiago.

Catro persoas, tres delas menores, resultaron intoxicadas ao inhalar gas a consecuencia dun escape na súa vivenda de Noia (A Coruña), informa Urxencias 112.

Este incidente ocorreu sobre as nove e media da noite deste domingo na rúa Camiño Agra da Ponte.

O 112 recibiu a alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, seguidamente, avisou aos Bombeiros de Boiro, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil, o GES de Brión e á empresa subministradora de gas.

Os catro afectados foron trasladados a un centro médico.

Catro intoxicados, tres deles menores, ao inhalar gas na súa casa...