Os centros galegos poderán instalar purificadores de aire en casos excepcionais

 A ventilación natural seguirá sendo a medida fundamental
Román Rodríguez. AEP
photo_camera Román Rodríguez. AEP

Os centros manterán a ventilación natural como medida fundamental para limpar o aire nos espazos educativos, pero a Xunta permitirá a instalación de purificadores e extractores en casos excepcionais e puntuais, sempre en función de cada situación e dun estudo técnico previo. 

Trátase dunha das principais novidades abordadas este venres na reunión do comité educativo do Goberno galego e que acordou unha serie de conclusións, que se plasmarán nun documento con instrucións concretas e directrices para facilitar as tarefas de ventilación aos centros de ensino. 

Así o detallou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, en declaracións aos medios, que tamén confirmou que estas instrucións se remitirán aos equipos directivos a principios da próxima semana. 

A ventilación de espazos é unha das principais preocupacións de familias e traballadores dos centros, ante o ritmo de contaxios que se rexistra na comunidade e as dificultades motivadas tanto polas condicións climatolóxicas, a proximidade do inverno e as propias infraestruturas e características arquitectónicas das escolas. 

Ver máis: Os contaxios nos centros educativos da provincia de Lugo fréanse

É por iso que o Goberno galego abordou unhas instrucións específicas con criterios para adaptar a ventilación recollida no protocolo marco ás especificidades do contexto actual, con diferentes recomendacións de tempos e prazos para poder optimizar estas tarefas.

CENTROS PILOTO. O Executivo realizou un estudo en centros piloto de diferentes condicións e características para poder determinar criterios sobre a periodicidade destas tarefas. A conclusión principal é que a ventilación natural é "fundamental" para dar seguridade sanitaria, unha cuestión ratificada tanto por informes técnicos e científicos como polo CSIC, pero que é necesario compaxinar para asegurar o benestar do alumnado. 

En concreto, segundo sinalou Rodríguez, este estudo constatou as diferentes entre centros á hora de abordar estas tarefas: uns abrían totalmente as fiestras durante un tempo e outros as mantiñan parcialmente abertas durante toda as clases, entre elas. 

Os novos criterios incidirán en aproveitar mellor os fluxos, con fiestras e portas abertas durante un breve prazo de tempo para que se cre unha corrente de aire e favorézase a súa renovación en espazos pechados. 

Ver máis: Fake News | Non, o Lucus Augusti non ten un novo protocolo de seguridade

Como complemento a esta medida, o comité educativo ha decidido estudar a instalación de extractores ou purificadores de aire para casos e espazos "moi concretos" e que en todo caso necesitarán da aprobación e dun estudo técnico previo, posto que non pode substituír á ventilación natural.

ESTUDO XEOGRÁFICO. Rodríguez tamén avanzou que un grupo de investigadores da USC atópase realizando un estudo para incidir e entrar aínda máis en detalle nas particularidades de cada centro e que permitirá contar con cuestións específicas vinculadas ao clima, á situación xeográfica ou a posición que ocupa no plano urbanístico do seu municipio. 

O titular de Educación insistiu en que "non é o mesmo" a situación que pode vivir un emprazamento situado no litoral que outro nunha depresión tectónica do interior de Galicia, o que tamén ten os seus consecuencias nas tarefas de ventilación, os fluxos de aire e os tempos de apertura. 

Por iso, este estudo, que estará listo en dous ou tres semanas, permitirá contar con máis información e "reforzar ao detalle" os principios básicos avaliados polo comité educativo, posto que Galicia conta con máis de 1.300 centros xeográficos esparexidos polo territorio. 

Comentarios