A choiva queda un día máis en Galicia

METEO

Este xoves Galicia persistirá na influencia dos ventos de compoñente sur que seguirán traendo moita humidade en forma de nubes baixas. 

Así, espéranse ceos cubertos, con posibilidade de choivas de carácter débil e intermitente que se irán intensificando cara á noite. 

As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur, máis intenso no litoral.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 15° 20°, Ferrol 15° 20°, Lugo 11° 17°, Ourense 14° 20°, Pontevedra 15° 19°, Santiago 16° 18°, Vigo 15° 19°. 

Comentarios