Se o verán xa non estaba caracterizando por ser especialmente caloroso e soleado, a semana que acaba de comezar aínda parecerá, meteorolóxicamente falando, menos estival que de costume. A chuvia chegará a Galicia este martes e probablemente acompañe a comunidade, como mínimo, ata o venres.
Segundo MeteoGalicia, o anticiclón das Azores retirarase o martes cara a "latitudes máis meridionais" e situará a Galicia nunha zona de inestabilidade. Os ceos estarán parcialmente cubertos con algunhas precipitacións febles durante a mañá na franxa atlántica e pola tarde poderán formarse chuvascos nas comarcas do interior. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso mentres as máximas sufrirán un lixeiro descenso.
Evolución de la situación en superficie para las próximas 72 horas, https://t.co/XZgPFkyP2Q pic.twitter.com/hsdj5Tqxdl
— AEMET (@AEMET_Esp) August 5, 2019
O mércores Galicia quedará xa por completo baixo a influencia dun centro de baixas presións. A consecuencia: ceos anubrados con chuvias xeneralizadas.
Galicia continuará ata o venres nunha situación similar, polo que a probabilidade de chuvias seguirá elevada. De cara a fin de semana, a previsión é menos fiable, aínda que parece que a partir do sábado comezará a regresar a influencia anticiclónica.