Cincuenta colectivos esperan reunir "a miles de mulleres" o 3-M en Lugo

A portavoz da plataforma Galegas8M, Ana Torrón, anuncia que Lugo se vai a petar literalmente" na mobilización feminista de Galicia

Rueda de prensa sobre las manifestaciones feministas.SEBAS SENANDE
Rueda de prensa sobre las manifestaciones feministas.SEBAS SENANDE

Uns cincuenta colectivos feministas, agrupados na plataforma Galegas8M, esperan reunir este domingo –día 3 de marzo– en Lugo a miles "de mulleres procedentes de toda Galicia para manifestarse polas rúas da cidade baixo a lema "Por todas as mulleres, por todos vos dereitos, revolta feminista".

A portavoz deste colectivo, Ana Torrón, que este mércores comparecía en rolda de prensa en Lugo acompañada por outras integrantes do movemento feminista galego, explicou que a manifestación partirá ás 12.00 horas da chaira que hai fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia, para logo percorrer diversas rúas do centro histórico e terminar na Praza Horta do Seminario.

Esa praza será "a zona cero" da protesta feminista, onde terá lugar, logo da manifestación, a lectura do manifesto a cargo da escritora María Reimóndez, no transcurso dun acto no que Ana Carreira e Cristina Lombao exercerán como "mestras de cerimonia"

Finalizada a lectura do manifesto, haberá diversas actuacións, como a que protagonizará o grupo Batuka Tabanka.

Ana Torrón asegurou que "Lugo vaise a petar literalmente" e recordou que o pasado ano, "en Vigo, concentráronse máis de 15.000 persoas".

Nestes momentos, precisou, xa está confirmado o desprazamento de 20 autobuses con todas as prazas cubertas nun total de 16 rutas por toda Galicia.

En canto á organización da manifestación, precisou que haberá tres bloques, o primeiro só para mulleres, que encabezarán a marcha; un segundo bloque "mixto", no que irá a representación de diversos colectivos e, para rematar, un terceiro no que irán os homes.

Torrón pediu aos representantes políticos que participen na manifestación que teñan "a sensibilidade" de permitir que a atención dos medios de comunicación estea centrada este día "nas mulleres" e nas súas reivindicacións. 

Comentarios