miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

O CIS mantén a vitoria ao PSOE en Galicia, con entre 10 e 11 escanos

Gonzalo Caballero Míguez. SEBAS SENANDE
Gonzalo Caballero Míguez. SEBAS SENANDE
Máis País e o BNG quedarían sen representación, segundo a enquisa

A macroenquisa electoral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) con vistas aos comicios do próximo 10 de novembro dá de novo a vitoria ao Partido Socialista en Galicia, con entre 10 e 11 escanos, mentres que o PP mantería os nove logrados o pasado 28 de abril. 

En concreto, os socialistas manterían os seus dous representantes por Lugo e Ourense, os tres que alcanzaron pola provincia de Pontevedra e poderían facerse cun máis pola Coruña, o que perdería Cidadáns. 

E é que a formación líderada por Albert Rivera só alcanzaría un escano, o que ocupou a súa cabeza de lista por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, na última lexislatura errada. 

A coalición galega de Podemos e Esquerda Unida -esta vez sen Equo- non se vería afectada pola irrupción de Más País

Pola súa banda, o Partido Popular lograría tres representantes pola provincia da Coruña e quedarían con dúas nas restantes provincias, ata un total de nove en toda a Comunidade, os mesmos resultados que o 28 de abril. 

Ademais, En Común - Unidas Podemos mantería o escano que ocupa Yolanda Díaz por Pontevedra e incluso podería alcanzar un máis que o de Antón Gómez Reino pola Coruña, cun total de ata tres representantes.

MÁS PAÍS E BNG, SEN REPRESENTACIÓN. Con estes datos que arroxa o barómetro do CIS, a coalición galega de Podemos e Esquerda Unida -esta vez sen Equo- non se vería afectada pola irrupción de Más País, que só presenta candidaturas na Coruña e Pontevedra, lideradas por Carolina Bescansa e Daniel Liceras, respectivamente. 

Ademais, o BNG volvería quedar sen representación na Cámara Baixa a pesar de que outras enquisas si lles outorgan un deputado pola Coruña. De materializarse as previsións do CIS, serían os cuartos comicios xerais nos que os nacionalistas galegos non obteñen ningún escano.

O CIS mantén a vitoria ao PSOE en Galicia, con entre 10 e 11 escanos
Comentarios