jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Unha colisión entre dous vehículos deixa un morto e un ferido leve en Trabada

Accidente mortal en Trabada. JM ÁLVEZ
Accidente mortal en Trabada. JM ÁLVEZ
Os bombeiros de Barreiros e o GES da Pontenova interviñeron para excarcerar a vítima

Un home faleceu na noite deste martes nunha fatal colisión entre dous vehículos no municipio de Trabada. O sinistro tivo lugar sobre as 20.30 horas na estrada N-640, á altura do quilómetro 19,200, na parroquia de Ría de Abres.

A vítima, un veciño de San Tirso de Abres duns 60 anos, conducía e viaxaba só nun dos coches implicados no choque. Por causas que están a ser investigadas, o seu automóbil chocou lateralmente con outro nun cruzamento.

Ata o lugar do accidente desprazouse a Garda Civil de Tráfico, pero foi necesaria tamén a intervención dos bombeiros de Barreiros e o GES da Pontenova, que tiveron que excarcerar o falecido do interior do seu turismo. O condutor do outro coche resultou ferido de carácter leve.

Unha colisión entre dous vehículos deixa un morto e un ferido leve...