Os comerciantes confirman que as vendas son “moderadas” tras o confinamento

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, ve "desconfianza" entre os consumidores
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio. XESÚS PONTE

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, confirmou que as vendas no comercio de proximidade reactiváronse “de xeito moderado” tras o confinamento, sen “grandes investimentos por parte dos consumidores”, que están a comprar xusto “o que necesitan”.

En declaracións a Efe, Seijas afirmou que existe entre os consumidores “un grao enorme de desconfianza” en relación co que pode suceder no futuro e “en tempos de incerteza as vendas se retraen”.

Por outra banda, no que se refire á saúde do propio sector, recoñeceu que hai comerciantes que o están pasando moi mal”, porque as “axudas non acaban de chegar” e teñen que “afrontar” pagos inmediatos, “como alugueres ou cotas de préstamos”, sen esquecer que en sectores como o “do téxtil ou o calzado” tiveron que “pagar unha mercancía” que non chegaron a vender.

En canto ás rebaixas, confía en que o comercio poida vender aínda durante un tempo o seu stock “a prezos normais”, porque “non se pode comprar a mercancía e vendela xa con rebaixas”.

Dese modo, dixo Seijas, os beneficios que obteñen os comerciantes son insuficientes para afrontar os gastos dos seus propios negocios.

Tamén precisou o presidente da Federación, en canto ás normas ditadas polas autoridades sanitarias, que agora os comerciantes “saben o que hai que facer, que traballo custoulles”, e “están a cumprir a machada”, por seguridade propia e dos seus clientes, pero tamén para transmitir “unha imaxe boa e de confianza”.

Comentarios