O comité clínico analizará este martes a evolución epidemiolóxica en Galicia

O presidente da Xunta destacou os "resultados esperanzadores" das medidas restritivas
O conselleiro García Comesaña. EP
photo_camera O conselleiro García Comesaña. EP

O comité clínico, que preside o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordará este martes pola tarde, como cada semana, a evolución epidemiolóxica da covid-19 en Galicia. 

A reunión deste martes prodúcese após ampliar o subcomité clínico, que preside o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o pasado venres a 67 municipios os peches perimetrales e da hostalaría para frear o avance do coronavirus. 

Respecto diso, o presidente da Xunta destacou este luns os "resultados esperanzadores" das medidas restritivas en Galicia e ratificou que as autoridades sanitarias seguirán coa "avaliación rigorosa" de cada semana. 

O subcomité acordou o venres 13 de novembro ampliar aos municipios coruñeses de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso, así como ao ourensán de Ribadavia, as restricións establecidas unha semana antes noutras 60 localidades galegas, entre elas o sete grandes cidades. 

Con todo, as autoridades sanitarias excluíron das medidas ao municipio coruñés da Laracha, da mesma comarca de Bergantiños, que permanece co mesmo nivel de restricións que até a data porque presentaba unha mellor evolución. 

O subcomité clínico reunido o venres pasado acordou, ademais, unha observación "especial" da evolución epidemiolóxica dos concellos de Sanxenxo, A Rúa e Chantada por mor dos últimas datos de incidencia rexistrados. 

As últimas medidas, segundo indicaron as autoridades sanitarias, acordadas polos expertos que seguen a evolución da covid-19 en Galicia adoptáronse nun momento no que a expansión do virus parece "estabilizarse" após "sete días consecutivos nos que descende o número de casos activos". 

Comentarios