jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Os compañeiros de instituto en Moaña do menor con coronavirus, baixo vixilancia

El IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. GOOGLE MAPS
El IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. GOOGLE MAPS
Deberán tomarse as temperaturas varias veces ao día

O dispositivo para detectar e previr contagios en Galicia procedeu a controlar aos compañeiros de clase no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña e amigos do menor de 15 anos que se converteu no cuarto positivo en Galicia –tres casos en Vigo e un na Coruña–. A Xunta descartou pechar o centro.

Así, fontes próximas ao centro educativo consultadas por Europa Press, indicaron que isto significa que se procederá a identificar a todos os compañeiros de clase, uns 27 alumnos, e aos amigos, polo que calculan que sexan uns 50 ó 60 rapaces. 

Todos eles estarán controlados e deberán tomarse a temperatura varias veces ao longo do día. Ademais, terán un control dos síntomas por se presentasen algún, nese caso deben contactar co 061. 

Pola súa banda, no instituto no que cursa estudos o menor con positivo por coronavirus continúan as clases "con normalidade", ratificaron por parte do centro. 

Ademais, persoal do centro mantivo reunións coas autoridades sanitarias e educativas correspondentes e activouse un plan de vixilancia activa de todos os que tiveron contacto directo co menor infectado, que cursa 3º da Eso.

Os compañeiros de instituto en Moaña do menor con coronavirus,...
Comentarios