Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Condenan a un veciño de Burela a catro anos de cárcere por abusar da súa sobriña

O acusado, durante o xuízo este mércores na Audiencia Provincial de Lugo. TVG (abusos sexuais, Burela)
O acusado, durante o xuízo este mércores na Audiencia Provincial de Lugo. TVG (abusos sexuais, Burela)

Terá prohibido comunicarse coa vítima, de 10 anos de idade, durante un período de 14 anos e deberá indemnizala con 18.000 euros por danos morais

A Audiencia Provincial de Lugo xulgou este mércores a un veciño de Burela acusado dun delito continuado de abusos sexuais contra a súa sobriña política, de dez anos de idade.

Tras chegar a acordo, solicitan para o acusado, que recoñeceu os feitos, catro anos de prisión, 14 de incomunicación coa vítima e unha orde de afastamento de 500 metros da mesma, segundo recolle a TVG. Ademais, terá que facerse cargo dos gastos médicos da menor e indemnizala con 18.000 euros por danos morais.

Os feitos tiveron lugar desde mediados do 2016 ata abril de 2017 en diversas ocasións cando o acusado quedaba a cargo da pequena. Foi o irmán maior da nena quen descubriu o que ocorría e a partir de aí foi cando denunciaron o caso.

O acusado, que permanecerá en libertada vixiada durante 8 anos, terá prohibido residir en Burela durante unha década.

Condenan a un veciño de Burela a catro anos de cárcere por abusar...
Comentarios