Confirman a condena de 17 anos polo crime da rozadora da Cañiza

O TSXG desestimou os recursos do procesado e a acusación particular
El acusado por el crimen de la desbrozadora de A Cañiza. JAVIER CERVERA
photo_camera El acusado por el crimen de la desbrozadora de A Cañiza. JAVIER CERVERA

O TSXG desestimou os recursos de apelación interpostos contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 17 anos de cárcere com autor dun delito de asasinato e doutro de intento de homicidio ao home que matou o seu veciño cunha rozadora en xuño de 2017 na Cañiza e que tratou de acabar coa vida da filla da vítima. 

O Tribunal Superior de Xustiza rexeitou os recursos presentados polo procesado e pola acusación particular, en representación da muller e dos dous fillos do falecido.

Os maxistrados, polo tanto, mostráronse conformes coa sentenza, na que a Audiencia aplicou unha eximente incompleta por considerar acreditado que o sospeitoso sufría unha "limitación parcial das capacidades psíquicas" cando cometeu os feitos. O imputado tamén foi sentenciado a indemnizar á filla do falecido con 300.000 euros; e, á muller, con 150.000 euros, do mesmo xeito que ao seu fillo.