Jueves. 24.05.2018 |
El tiempo
Jueves. 24.05.2018
El tiempo

Os veciños de Sello, consternados: "Estaba en moi malas condicións"

Veciña de Sello, en Lalín. TVG
Veciña de Sello, en Lalín. TVG

Os veciños aseguran que había tempo xa que a falecida non saía da casa, aínda que tanto o fillo como a súa parella e presunta homicida si facían "vida normal"

Lalín 2Os veciños da parroquia de Sello, en Lalín, atópanse conmocionados pola detención este luns de J.A. R. C. e M. R. T. en relación coa morte por asfixia da septuaxenaria María del Carmen Castro Lamas. Trátase do fillo da falecida, de 45 anos, e da súa compañeira sentimental, considerada pola Guardia Civil como a suposta homicida. En canto a el, impútanselle os delitos de encubrimento e denegación de auxilio.

"A señora hai tempo que estaba dentro, que non se vía. Os rapaces novos facían vida normal aquí entre nós", relataba este martes un veciño en declaracións á TVG. E é que a vítima era dependente, pero os seus familiares non chegaron a tramitar a prestación. Vivía co seu fillo desde mediados do ano pasado, uns meses despois de quedar viúva.

Os equipos de emerxencias atoparon o seu cadáver o venres pasado, aínda que levaba morta desde o día anterior. O fillo tardou polo menos 12 horas en acudir ao centro de saúde, ao parecer porque non tiña batería no móbil. " Primeiro estivo abaixo nunha casa e logo trouxérona para arriba, pero segundo ou dá funeraria estaba en moi malas condicións", explicou outra veciña, que ao ver pasar ao fillo xa sospeitou que algo terrible ocorrera: " Pasou ou fillo, e xa dixen, hai unha movida aí que non sei, algo pasa. Está a señora morta, imaxinei, xa digo, cousas moi serias".

Os veciños de Sello, consternados: "Estaba en moi malas condicións"