martes. 14.07.2020 |
El tiempo
martes. 14.07.2020
El tiempo

A convocatoria ordinaria da Abau en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

Examen de Selectividade. XESÚS PONTE
Examen de Selectividade. XESÚS PONTE
Trátanse das datas nas que estaba prevista a proba extraordinaria

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acordaron este luns fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da Abau -antiga Selectividade- en Galicia para este ano.

Trátanse das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria xerada pola propagación do coronavirus– a proba extraordinaria en Galicia deses exames para o acceso á educación universitaria.

Desta forma, indica o Goberno galego, cúmprese co prazo establecido a semana pasada en conferencia sectorial para facer as probas da Abau, que quedou fixado entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo.

No caso da proba extraordinaria, a Consellería e a CIUG acordaron esperar para fixar a data, tendo en conta que –segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial – debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias

O obxectivo "é garantir que o alumnado poida alcanzar a máxima puntuación sen que o impida o feito de non recibir algún dos contidos previstos"

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade.

Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidad.

O obxectivo, apunta o Goberno galego no comunicado, "é garantir que o alumnado poida alcanzar a máxima puntuación sen que o impida o feito de non recibir algún dos contidos previstos".

Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias e, sobre todo, ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

A convocatoria ordinaria da Abau en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo
Comentarios