miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Correos abre o prazo de inscrición para 109 postos de traballo fixos en Galicia 

Una furgoneta de Correos. EFE
Una furgoneta de Correos. EFE
Os interesados poden inscribirse desde este luns na web da compañía

Correos abriu o prazo de inscrición para cubrir 109 postos en Galicia de persoal laboral fixo en categorías operativas. Dos postos ofertados, 61 son para repartición a pé e motorizado, 21 para atención en oficinas e 27 para axente de clasificación. 

Os interesados poden inscribirse desde este luns, 23 de novembro, e ata as 23,59 horas do próximo 2 de decembro, a través da web corporativa de Correos (https://www.correos.com/persoas-e-talento/). 

Por provincias, Correos ofrece 63 postos na Coruña, 11 en Lugo, 12 en Ourense e 23 en Pontevedra. Este proceso supón a oferta a nivel nacional de 3.381 postos de persoal laboral fixo, para desempeñar funcións de repartición de envíos, tarefas loxísticas e atención ao cliente en oficinas. 

Segundo informou Correos, é unha convocatoria conxunta que inclúe os postos correspondentes ás taxas de reposición aprobadas para o ano 2019 (1.381 postos), así como 2.000 postos dos contemplados no plan de estabilización de emprego temporal 2018-2020 asinado coas organizacións sindicais CCOO, UXT, CSIF e Sindicato Libre. 

Correos abre o prazo de inscrición para 109 postos de traballo...
Comentarios