Correos celebra este domingo as probas de ingreso para máis de 160 prazas en Galicia

O CSIF sinala que a convocatoria é insuficiente
Opositores realizando un examen
photo_camera Opositores realizando un examen

Correos celebrará este domingo as probas de ingreso para oferta para cubrir máis de 4.000 postos de traballo laboral fixo en categorías operativas en toda España. 

Para Galicia, segundo o sindicato CSIF, hai unhas 169 prazas para as que optarán unhas 9.500 persoas, nunha convocatoria que responde á taxa de reposición de emprego de 2018 para suavizar a temporalidade da empresa postal, actualmente cerca do 30%. 

O sindicato considerou que a oferta non é suficiente para solucionar as necesidades de emprego estable en Correos, e recordou que xa se acordou unha nova proposta de 3.421 prazas correspondentes á taxa de reposición de 2019 e que ha de desenvolverse este mesmo ano. 

Comentarios