miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

Decláranse senllos incendios forestais en Quiroga e Santiago

O incendio de Quiroga. @AT_BRIF
O incendio de Quiroga. @AT_BRIF

Un incendio forestal, cuxo alcance en superficie se descoñece polo momento, declarouse este venres en Quiroga arredor das 17.15 horas. O lume afecta concretamente á parroquia de Vilar de Lor.

Na súa extinción traballan dous helicópteros, un avión, oito brigadas, catro motobombas e dous axentes. Galicia atópase este venres en alto risco de incendio polas condicións climatolóxicas.

LUME EN SANTIAGO. Por outra banda, en Santiago de Compostela declarouse outro incendio unha zona próxima ao Hospital Clínico, na parroquia de San Paio. 

[O lume de Santiago. IRACI P.]

O incendio de Santiago. IRACI P.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume iniciouse sobre as 16,40 horas e "non hai perigo" para casas, aínda que existen vivendas próximas. 

Nas tarefas de extinción traballan un avión, catro helicópteros, sete brigadas, catro motobombas e un axente.

Decláranse senllos incendios forestais en Quiroga e Santiago
Comentarios