martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

Denuncian o alcalde de Ferrol por estafa e prevaricación

Jorge Suárez. AEP
Jorge Suárez. AEP

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos da cidade considera que a taxa de saneamento non se axusta ao custo real da prestación

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos de Ferrol cursou este luns unha denuncia contra o alcalde da cidade, Jorge Suárez, por dous supostos delitos de estafa e prevaricación, baseada no inicio do cobro da taxa de saneamento, que este colectivo considera que non se axusta ao custo real da prestación. Así, estende a súa reclamación á Empresa Mixta de Augas de Ferrol, que afronta a recadación polo tributo. A compañía está participada ao 51% polo Concello e ao 49% restante polo Grupo Dragados.

No escrito, as asociacións demandantes inclúen, "se correspondese", aos concelleiros que cos "seus votos e decisións posibilitaron a consumación dos presuntos delitos". Deste xeito, cargan contra as facturas xa emitidas en xaneiro e febreiro de 2018 por este servizo, "moi avultadas e que non se corresponden ao prezo real", na súa opinión.

Ademais, criticaron que o rexedor, "no canto de revisar a taxa, dá a orde de pasar a cobro as facturas a propósito de que están avultadas". Segundo a plataforma local, Suárez comprometeuse en pleno da corporación municipal en novembro de 2017 " revisión inmediata" do imposto, non sustanciada ata agora.

A denuncia, así mesmo, reflicte que o seu estudo de custos desvela un importe "un 31% inferior non xa ao da taxa que están a aplicar agora", que se remonta a maio de 2014, "senón á proposta no segundo informe de Emafesa", de novembro de 2016. "A taxa de 2014, agora habilitada, utilízase para o cálculo do prezo das facturas que se están virando á veciñanza", incidiu.

Finalmente, as entidades aludiron a un informe de Augas de Galicia de 2016, destinado á Mancomunidade de Ferrol, "onde se desprende que o cálculo de consumo eléctrico que fai Emafesa está aumentado, así como os caudais a depurar". Deste xeito, resaltou que o importe da taxa "está calculado sobre estimacións, non sobre custos reais".

Os colectivos lamentaron que se inclúa "o saneamento rural, ata agora inexistente".

Denuncian o alcalde de Ferrol por estafa e prevaricación
Comentarios