Denuncian por maltrato animal ao propietario de dous cans en Redondela

Os animais presentaban síntomas de desnutrición e abandono
Estado no que se atopaba un dos cans. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA
photo_camera Estado no que se atopaba un dos cans. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA

O propietario de dous cans que vivían nunha parroquia de Reboreda foi denunciado pola Policía Local de Redondela por un presunto delito de malos tratos animais. Os animais, un macho e unha femia, presentaban síntomas de desnutrición e abandono, así como diversas feridas por todo o corpo.

Os cans foron rescatados da propiedade onde vivían e foron trasladados ás instalacións de Caan en Meis. Os animais quedaron baixo custodia veterinaria ata que o xulgado tome as medidas pertinentes.

A Policía Local de Redondela compartiu en Twitter un vídeo do estado no que se atopaban os cans:


 

Comentarios