domingo. 11.04.2021 |
El tiempo
domingo. 11.04.2021
El tiempo

Dereito a Morrer Dignamente denuncia a escasa implantación da lei galega

Jesús Vázquez Almuíña. EP
Jesús Vázquez Almuíña. EP
A asociación critica que "a Xunta apenas fixo nada por facela efectiva", polo que esixe unha reunión co conselleiro de Sanidade 

A asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD-Galicia) esixe unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ao entender que a implantación da Lei de morte digna galega non está suficientemente implantada.

"Pasaron máis de catro anos desde que se aprobou a Lei galega de morte digna, pero a súa implantación segue sendo insuficiente e desigual", denuncia nun comunicado este colectivo. 

DMD-Galicia) quere aproveitar a conmemoración, o 2 de novembro, da conmemoración do Día Internacional da Morte Digna "para recordar que, catro anos despois da aprobación da Lei de morte digna galega, a Xunta apenas fixo nada por facela efectiva e mellorar a calidade da morte da cidadanía".

"O seu cumprimento segue sendo limitado e desigual; a cidadanía galega aínda morre mal, sen que se respecten os seus dereitos ao final da vida. Nin a Xunta de Galicia nin a súa Consellería de Sanidade mostraron ningunha vontade de mellorar esta situación", sosteñen os responsables da citada asociación.

Denuncian que DMD Galicia solicitou, desde febreiro, varias entrevistas co consellerio Jesús Vázquez Almuiña, "con intención de achegar propostas para emendar a deficiente aplicación da Lei", pero sinalan que, "de momento, e a pesar de intentalo por varias canles, todas as peticións quedaron sen resposta".

"A súa falta de interese ten consecuencias: unha maior carga de sufrimento para as persoas que, en situación de fraxilidade durante o seu proceso de morrer, atopan dificultades para que se respecten os dereitos que teñen recoñecidos", indican no comunicado. 

Dereito a Morrer Dignamente denuncia a escasa implantación da lei...
Comentarios