martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

O Goberno destina 17,6 millóns a Galicia do programa de rehabilitación enerxética de vivendas

Foto aérea de Baiona.DP
Foto aérea de Baiona.DP
Este proxecto subvencionará cambios na envolvente térmica, substitución de caldeiras por opcións renovables e servirá para melloras na eficiencia de iluminación

O Ministerio para a Transición Ecolóxica destina a Galicia 17,6 millóns dos 300 millóns da repartición do Programa de Rehabilitación Enerxética de Edificios (PREE).

Diso informa este luns nun comunicado a Delegación do Goberno, que destaca que Galicia é a quinta que recibe máis fondos, por encima de comunidades como Castela e León e País Vasco.

Este programa subvencionará cambios na envolvente térmica, substitución de caldeiras por opcións renovables e servirá para melloras na eficiencia de iluminación.

Está previsto subvencionar entre o 25% e o 35% do custo da rehabilitación. No caso dos consumidores vulnerables, establécese unha mellora dun 15% adicional. Se se combinan distintas actuacións ou logra unha mellora substancial da eficiencia, a mellora adicional será do 20%.

A Delegación do Goberno anima ás comunidades de propietarios e as persoas físicas ou xurídicas donas de inmobles a optar a estas axudas en canto a Xunta lance a convocatoria. Por iso, agradece á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, o seu "compromiso con Galicia".

Un dos obxectivos do programa é a xeración de emprego a través de políticas centradas na transición enerxética e a dixitalización, cuns 3.000 postos de traballo para Galicia.

O Goberno destina 17,6 millóns a Galicia do programa de...
Comentarios