viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Detido un arousán que publicaba mensaxes racistas en Facebook

Unha das polémicas mensaxes que o veciño da comarca de Arousa publicaba en Facebook. GARDA CIVIL
Unha das polémicas mensaxes que o veciño da comarca de Arousa publicaba en Facebook. GARDA CIVIL

Incitaba ao odio e a exercer a violencia contra os colectivos de inmigrantes 

A Garda Civil detivo un veciño da comarca de Arousa de 63 anos, acusado de difundir a través dun perfil de Facebook unha importante cantidade de publicacións de contido violento incitando explicitamente ao odio e a exercer a violencia contra os colectivos de inmigrantes.

A través das investigacións levadas a cabo conxuntamente polos Grupos de Información das Comandancias da Garda Civil de Navarra e Pontevedra, no marco da operación Calamardo, púidose pescudar que este tipo de publicacións realizáronse sen ningún tipo de restrición na rede social Facebook, nun perfil que contaba con máis de 375 seguidores, polo que se pode determinar que as mensaxes de incitación ao odio, violencia e discriminación publicados puideron chegar a unha inxente cantidade de usuarios desta rede social.

As investigacións, que foron coordinadas pola Fiscalía encargada da investigación dos delitos de odio na provincia de Pontevedra, concluíron coa identificación do administrador do perfil, como presunto autor dun "delito cometido con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidas pola Constitución".

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

Detido un arousán que publicaba mensaxes racistas en Facebook
Comentarios